ASOCAIRE web
Calcule seus embargos Quen somos O noso obxectivo Por que este servizo? Manual de embargos Contacto
ASOCAIRE web
Páxina traducida ao galego coa colaboración desinteresada da
Plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesa.gal).
Atopará a súa ligazón no noso apartado "CONTACTO"
Texto actualizado o 5 de febreiro de 2021
Menú
Menú
ASOCAIRE web
Páxina traducida ao galego coa colaboración desinteresada da
Plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesa.gal).
Atopará a súa ligazón no noso apartado "CONTACTO"
Texto actualizado o 5 de febreiro de 2021

SELECCIONE A LINGUA DESEXADA:
Castellano - Català - Euskara - Galego - Valencià - Mallorquí - Asturianu - Occitan - Aranés

Aspectos que hai que considerar


Aplicar o que determina a Lei, e facelo nun escenario tan amplo e con tanta variedade de particularidades, como é o das percepcións salariais, pode (e de feito así é) resultar unha actividade moi complexa, xa que supón o ter en conta, e simultaneamente, diversas circunstancias, o que obriga a desenvolver cálculos certamente laboriosos.

Ademais, han de considerarse unha serie de características complementarias á propia e simple actividade do mero cálculo matemático, pero que inflúen directamente na súa formulación, e poden presentarse tanto individual como colectivamente, como son:

  • O feito de que as Pagas Extraordinarias se abonen prorrateadas co salario mensual.
  • Se o embargo obedece a execución de sentenza por pago de Pensión de Alimentos.
  • A circunstancia de que o/a cónxuxe perciba retribución salarial, unida ao feito de que se atopen baixo réxime de bens gananciaisou outro distinto.
  • O que o embargo estea provocado polo pago dunha débeda hipotecaria.
  • A peculiaridade de tratarse dun segundo ou sucesivo embargo.
  • etcétera.

Todo iso fai que a tarefa de diagnosticar a correcta aplicación dun embargo se volva certamente confusa para unha persoa leiga ou con escasa ou nula experiencia, tanto en cuestións matemáticas como en aspectos legais. Dificultade que se agranda se, ademais, non ten certa capacidade para polemizar, ou inclinación a iso.

Por iso, nesta páxina contemplamos todos estes aspectos, para darlle un servizo realmente integral, á vez que lle liberamos da confusa tarefa de levar a cabo os cálculos, sendo este o noso selo diferenciador, xa que en ningunha outra páxina que atope na internet se consideran conxuntamente todos os aspectos citados, polo que o servizo que lle poden ofrecer non é integral, o que supón que, á vez que non lle libera de ter que exporse as hipóteses nin de efectuar os cálculos, pódese aventurar que tampouco lle fornece un diagnóstico certeiro nin un asesoramento eficaz.
PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0