ASOCAIRE web
Quen somos O noso obxectivo Por que este servizo? Consideracións Manual de embargos Contacto
ASOCAIRE web
Páxina traducida ao galego coa colaboración desinteresada da
Plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesa.gal).
Atopará a súa ligazón no noso apartado "CONTACTO"
Texto actualizado o 16 de febreiro de 2024
Menú
Menú
ASOCAIRE web
Páxina traducida ao galego coa colaboración desinteresada da
Plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesa.gal).
Atopará a súa ligazón no noso apartado "CONTACTO"
Texto actualizado o 16 de febreiro de 2024

SELECCIONE A LINGUA DESEXADA:
Castellano - Català - Euskara - Galego - Valencià - Mallorquí - Asturianu - Occitan - Aranés

Calcule seus embargos


Facilitarémoslle o diagnóstico sobre o embargo que estean a executar sobre o seu salario, na nómina ou na súa conta corrente bancaria, e informarémoslle do importe máximo polo que pode ser embargado.
Para poderlle dar un servizo correcto, rogámoslle cumprimente o formulario que lle presentamos a continuación, comunicando os datos referidos a un mesmo mes e prestando especial atención ás seguintes indicacións:
INSTRUCIÓNS para cumprimentar o formulario ** En cada campo do formulario, utilice a tecla "tabulador", para pasar ao seguinte.
** No caso de que lle abonen as PAGAS EXTRAORDINARIAS prorrateadas mensualmente xunto co seu salario, indique o importe total acumulado de ambos os conceptos que figure no seu recibo de nómina, especificando a continuación no noso formulario a circunstancia de que as pagas se abonan prorrateadas.
** Se as PAGAS EXTRAORDINARIAS son abonadas integramente no mes que corresponda, debe efectuar consultas independentes para o Salario mensual e para a Paga Extraordinaria, sen acumular os seus importes EN NINGÚN CASO.
** En todos os casos, debe introducir os importes especificando os céntimos con dous decimais. Se se trata de cantidades enteiras, pode omitir indicar os céntimos.
** No formulario atopará un botón de AXUDA con instrucións para encher os campos concretos.

Podémoslle asegurar, pola nosa experiencia, que o seu embargo debe ser rebaixado, debido á recente revisión do Salario Mínimo Interprofesional.

NA NOSA WEB PODERÁ CONSULTAR OS EMBARGOS EXECUTADOS DESDE O ANO 2018 ATA A ACTUALIDADE.
Somos conscientes de que o noso mellor medio de divulgación é saber satisfacer as súas expectativas.

IR A CUMPRIMENTAR O FORMULARIO DE EMBARGOS